Sede electrónica Concello de Cabana de Bergantiños

06:52:52 Venres 29 de marzo 2024
Estás en:

Información

Cabana de Bergantiños inaugura a Sede Electrónica do Concello.

30/01/2013

Cabana de Bergantiños inaugura a Sede Electrónica do Concello, que permitirá aos cidadáns realizar os seus trámites por internet.

Cabana de Bergantiños dá o salto cara a unha administración sen papel.

Mediante a súa identificación con DNI ou certificado electrónico, o usuario poderá dispor dunha serie de servizos personalizados: consultar o estado dun trámite, obter o seu volante de empadroamento, consultar os seus expedientes, representar a outra persoa na presentación de instancias, realizar unha serie de trámites telemáticos regulados e presentar calquera outra instancia ou solicitude a través do rexistro electrónico.

Cabana de Bergantiños cumpre así plenamente a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que establece o "dereito dos cidadáns a relacionarse coas Administracións públicas por medios electrónicos" e "a obrigación das Administracións Públicas de redeseñar os seus procedementos e dotarse dos medios técnicos necesarios para que o exercicio do novo dereito sexa plenamente efectivo".