Sede electrónica Concello de Cabana de Bergantiños

14:43:38 Martes 8 de outubro 2024

Información

INTERVENCIÓN

30/08/2024

PREZO PÚBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIAIS, DEPORTIVAS E CULTURAIS DO CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

EXP: 2024/X999/000252

ANUNCIO DE PUBLICACIÓN DO PREZO PUBLICO POLO ACTIVIDADES SOCIAIS, DEPORTIVAS E CULTURAIS.

 

Conforme o disposto nos artigos 41, 47 e 127 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e na Ordenanza  reguladora do prezo público por actividades educativas, culturais e deportivas (BOP nº 184 do 26 de setembro de 2014) faise público a efectos de coñecemento xeral e publicidade que a Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día 30 de agosto de 2024 acordou o establecemento do prezo público polas actividades sociais, deportivas e culturais co seguinte detalle:

 

PREZO PÚBLICO

TARIFA ANUAL

CARNÉ MUNICIPAL DE ACTIVIDADES

    • Empadroados no concello:
      • individual…………………………………..20,00 €
      • familiar……………………………………..36,00 €

 

    • Non empadroados no concello:
      • individual……………………..……………30,00 €
      • familiar……………………………………..45,00 €

 

ESCOLAS DEPORTIVAS

  • Bailes de salón: 80,00 €

Requisito imprescindible carné de actividades debidamente actualizado

 

 

BONIFICACIÓNS:

 

1.- bonificación do 50% para os carnés dos maiores de 65 anos (empadroados e non empadroados)

2.- bonificación do 50% para os carnés das persoas que acrediten unha discapacidade superior ao 33%.

 

NORMAS DE XESTIÓN:

 

  • Entenderase por carné municipal de actividades tipo familiar o que ostente o responsable da unidade familiar, incluído o seu cónxuxe e fillos menores de 26 anos ao seu cargo.
  • O carné de maior de 65 anos será de tipo individual e en ningún caso poderá ser de tipo familiar.
  • Será requisito imprescindible para participar nas escolas deportivas e actividades culturais, sociais e deportivas estar en posesión do carné municipal de actividades debidamente actualizado. O período de vixencia do carné de actividades abrangue dende o 1 de setembro ao 31 de agosto do ano seguinte.
  • No caso das actividades deportivas, culturais e socioeducativas presentaranse as solicitudes a través da plataforma de xestión de actividades (http://www.concello-cabana.es/inscricionactividades/) ou excepcionalmente, ante o departamento correspondente, nos prazos que se fixen cada ano. Unha vez se completen as prazas mínimas para cada actividade resolverase o inicio da actividade.
  • As baixas en calquera actividade comunicaranse ao departamento que corresponda a organización da actividade. No caso das actividades de Bailes e Ritmos as baixas, a efectos de devolución do prezo público, serán excepcionais e debidamente xustificadas, prorrateando o importe por períodos cuatrimestrais.
  • Excepcionalmente poderanse producir altas ao longo  do ano sempre e cando existan prazas nas distintas actividades. No caso das actividades de Bailes e Ritmos as altas producidas ao longo do ano devengarán un prezo público prorrateado por períodos cuatrimestrais (De producirse a alta no segundo cuatrimestre o importe da tarifa será de 40,00 €).

 

 

 

O abono do prezo público realizarase a través dos medios habilitados polo Concello, principalmente a través de tarxeta bancaria e no seu defecto, a través de domiciliación bancaria do recibo correspondente.

 

 

           

Cabana de Bergantiños, a 30 de agosto de 2024

O Alcalde

Asdo. José Muiño Domínguez


Xustificantes de Publicación: