O procedemento de "Comunicación previa de cambio de titular de obra" regula o cambio de titularidade dunha licenza ou comunicación previa de obras
Calquera persoa física ou xurídica que desexe facer un cambio de titularidade dunha licenza ou comunicación previa de obras.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Comunicación previa de cambio de titular de obra.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Taxas/impostos: Consultar apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.