O procedemento de "prórroga de licenza de obras" regula o outorgamento dunha prórroga para dar inicio ou ampliar o prazo de execución das obras amparadas por unha licenza concedida con anterioridade.
Será solicitada expresamente e se concederá sempre que a licenza fose conforme coa ordenación urbanística vixente no momento da concesión da prórroga. Cada prórroga que se solicite non poderá ser por prazo superior ao inicialmente acordado.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha prórroga de licenza de obras.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Prórroga de licenza de obras.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.