PROGRAMA MENIÑEIRO VERÁN 2022
Co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da
conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares mediante a realización de actividades
educativas e lúdicas, dirixidas ás/ós nenas/os, durante os períodos vacacionais.
Destinatarias/os
Menores escolarizadas/os en educación infantil e primaria (nadas/os entre o 01/01/2010 e o
31/12/2018) que estén empadroadas/os no Concello de Cabana de Bergantiños con anterioridade ó 1 de xaneiro de 2022 ou menores cuxos proxenitores traballen no termo municipal.
Temporalización e lugar de celebración.
Quendas:
- 1ª quenda: do 4 ó 15 de xullo
- 2ª quenda: do 18 ó 29 de xullo
- 3ª quenda: do 2 ó 12 de agosto
- 4ª quenda: do 16 ó 26 de agosto
Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
Lugar: Casa da Cultura e Casa do Pendón.
O prazo para presentar as solicitudes será dende o 13 ó 17 de xuño na sede electrónica preferentemente ou presencialmente na Casa do Concello.
Os pais/nais ou titores/as de nenas e nenos que desexe inscribirse nunha actividade de conciliación xestionada pola corporación municipal.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de inscrición en actividades de conciliación.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.