Sede electrónica Concello de Cabana de Bergantiños

16:45:43 Martes 27 de setembro 2022
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Convocatoria Ordinaria: Renovación de praza: 15-31 de marzo; Novo ingreso: 15 de marzo-15 de abril.

Convocatoria Extraordinaria: Consultar art. 13.2 do Regulamento de réxime interno da E.I.M.

  • RENOVACIÓN DE PRAZA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL (do 15 ao 31 de marzo)
  • Formulario de solicitude de renovación de praza na E.I.M. (É obrigatorio anexar este formulario cumprimentado e asinado)
  • Documentación xustificativa de ingresos: Declaración do IRPF ou, no caso de non estar obrigado/a a declarar, certificado negativo emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria correspondente ó exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude, de todos os membros con ingresos que compoñen a unidade familiar. As familias que non aporten documentación xustificativa da situación económica aplicaráselle a cota máxima en concepto de taxas.
  • Documentación xustificativa de cambios da situación sociofamiliar con respecto ao curso anterior.

 

  • NOVO INGRESO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL (do 15 de marzo ao 15 de abril)
  • Formulario de solicitude de novo ingreso na E.I.M. (É obrigatorio anexar este formulario cumprimentado e asinado)
  • 1. Documentación xustificativa da situación familiar:
  • a) Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte dos/as pais/nais, titores/as ou representante legal.
  • b) Libro/s de Familia ou, no seu defecto, outros documentos que acrediten oficialmente a situación familiar e Título de Familia Numerosa de ser o caso.
  • c) Volante de empadroamento da unidade familiar só se reside en concellos limítrofes.
  • 2. Documentación xustificativa de ingresos:
  • Declaración do IRPF ou, no caso de non estar obrigado/a a declarar, certificado negativo emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria correspondente ó exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude, de todos os membros con ingresos que compoñen a unidade familiar .
  • 3. Documentación xustificativa da situación laboral:
  • a) Última nómina, certificación de empresa ou vida laboral, no caso de persoas traballadoras por conta allea.
  • b) Último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no réxime especial de traballadores autónomos ou da correspondente mutualidade, no caso de persoas traballadoras por conta propia ou atónomas.
  • c) Certificación de ser demandante de emprego (con efectos dende o día anterior ao comenzó do prazo de presentación de solicitudes) no caso das persoas desempregadas. 
  • 4. Outros documentos acreditativos de todas aquelas situacións que, por baremo, sexan susceptibles de puntuación:
  • a) Certificado de discapacidade ou grao de dependencia alegada polos membros da unidade familiar.
  • b) Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.
  • c) Informe do equipo de valoración e orientación da Consellería de Política Social sobre a necesidade de integración no caso de nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo.
  • d) Informe do organismo competente no caso de acollemento ou garda con fins adoptivos de nenos/as. 
  • e) Documentación acreditativa de incidencias tales como separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial que establezca as medidas paterno-filiais ou certificado administrativo de monoparentalidade.
  • f) Documentación acreditativa da condición de víctima de violencia de xénero.
  • g) Informe dos Servizos Sociais do concello correspondente, no suposto de que sexa necesario por falta de acreditacion documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familiar.


A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos nos apartados 2, 3 e 4 dentro do plazo de solicitude e emenda suporá a non valoración, na correspondente epígrafe do baremo, de calquera das circunstancias alegadas.

Poderanse presentar solicitudes fóra de prazo que estarán condicionadas á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do/a neno/a no centro, unha vez esgotada a lista de agarda.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.