O procedemento “solicitude de tarxetas de accesibilidade” ten por obxecto a expedición das tarxetas de estacionamento de vehículos e das tarxetas de persoas usuarias.
Persoas físicas ou xurídicas que cumpran os requisitos especificados na ordenanza reguladora da expedición das tarxetas de accesibilidade.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
Unidade tramitadora: Servizos Sociais.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de resolución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.